Circuíto de Brands Hatch
Circuíto de Brands Hatch | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | British F3 A1GP British Superbike WSBK BTCC Pickup Truck Racing DTM WTCC Fórmula 1 Superleague Formula |
Localización | Kent, Inglaterra |
Lonxitude | 3,703 km |
Curvas | 9 |
Volta rápida (1986) | 1:09.593 |
Piloto récord | Nigel Mansell |
Escudería récord | Williams-Honda |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
Brands Hatch é un autódromo situado en Kent, Inglaterra. Albergou ao Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1 nos anos pares entre as tempadas 1964 e 1986, e tamén ao Gran Premio de Europa en 1983 e 1985. O nome do circuíto provén da palabra gaélica Brondehach, que se compón de bron ("pendente forestada") e hach ("entrada ao bosque"). Brands Hatch tamén albergou outras categorías do deporte motor, como o A1 Grand Prix, o Campionato Mundial de Turismos, o Deutsche Tourenwagen Masters, o Campionato de Gran Bretaña de Fórmula 3, o Fórmula 3 Euroseries, os campionatos europeos e británicos de Superbikes, e o Campionato Británico de GT.
O circuíto
[editar | editar a fonte]Brands Hatch ofrece dúas configuracións de trazado: o trazado máis curto do "Circuíto Indy" (1´928 km.) atópase totalmente dentro dun anfiteatro natural, ofrecendo aos espectadores vistas de case todo o trazado máis curto desde dondequiera que miren. A distribución máis longa de "Grand Prix" (3´915 km.) foi a sede da Fórmula Un, incluíndo eventos como o duelo de Jo Siffert con Chris Amon en 1969 e a primeira vitoria do futuro Campión do mundo Nigel Mansell en 1985. As restricciones de ruído e a proximidade dos residentes locais ao trazado de Gran Premio significan que o número de carreiras celebradas no circuíto estendido limítanse a só unhas poucas por ano (normalmente para series de alto perfil como o BTCC e o BSB).
O circuíto británico de Rallycross en Brands Hatch foi deseñado e construído polo catro veces campión británico de Rallycross Trevor Hopkins. Ten aprox. 1´448 km.s de longo, rematouse ao redor de 1981.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Brands Hatch
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1964 | Jim Clark | Lotus-Climax | 2:15:07,000 h | 4´265 km | 80 | 151´514 km/h | 11. Xullo | Reino Unido |
1966 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 2:13:13,400 h | 4´265 km | 80 | 153´667 km/h | 16. Xullo | |
1968 | Jo Siffert | Lotus-Ford | 2:01:20,300 h | 4´265 km | 80 | 168´718 km/h | 20. Xullo | |
1970 | Jochen Rindt | Lotus-Ford | 1:57:02,000 h | 4´265 km | 80 | 174´925 km/h | 18. Xullo | |
1972 | Emerson Fittipaldi | Lotus-Ford | 1:47:50,200 h | 4´265 km | 76 | 180´351 km/h | 15. Xullo | |
1974 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 1:43:02,200 h | 4´265 km | 75 | 186´269 km/h | 20. Xullo | |
1975 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 1:22:05,000 h | 4´719 km | 56 | 193´168 km/h | 19. Xullo | |
1976 | Niki Lauda | Ferrari | 1:44:19,660 h | 4´207 km | 76 | 183´881 km/h | 18. Xullo | |
1978 | Carlos Reutemann | Ferrari | 1:42:12,390 h | 4´207 km | 76 | 187´698 km/h | 16. Xullo | |
1980 | Alan Jones | Williams-Ford | 1:34:49,228 h | 4´207 km | 76 | 202´318 km/h | 13. Xullo | |
1982 | Niki Lauda | McLaren-Ford | 1:35:33,812 h | 4´207 km | 76 | 200´745 km/h | 18. Xullo | |
1983 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:36:45,865 h | 4´207 km | 76 | 198´254 km/h | 25. Setembro | Europa |
1984 | Niki Lauda | McLaren-TAG-Porsche | 1:29:28,532 h | 4´207 km | 71 | 200´299 km/h | 22. Xullo | Reino Unido |
1985 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:32:58,109 h | 4´207 km | 75 | 203´634 km/h | 6. Setembro | Europa |
1986 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:30:38,471 h | 4´207 km | 75 | 208´862 km/h | 13. Xullo | Reino Unido |
Record: N.Lauda (3 Veces)
Histroia dos trazados
[editar | editar a fonte]-
Circuíto orixinal (1950–1953)
-
Circuíto de Gran Premio (1954–1959) & Circuíto Club (1960–1975)
-
Circuíto de Gran Premio (1960–1975)
-
Circuíto de Gran Premio (1976–1987)
-
Circuíto de Gran Premio (1988–1998)
-
Circuíto de Gran Premio (1999–2002)
-
Circuíto de Gran Premio (2003–presente)
-
Circuíto Indy (2003–presente)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto de Brands Hatch |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brands Hatch map and history at RacingCircuits.info
- The 500 Owners Association
- Brands Hatch Home Page Arquivado 12 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
- BTCC Pages – Brands Hatch circuit guideArquivado 19 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- London 2012 Cycling Track Layout